Izquierda Unida
Izquierda Unida (IU) | |
---|---|
Partido político de España | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Alberto Garzón |
Mocidades | Jóvenes de Izquierda Unida |
Filiación internacional | Partido da Esquerda Europea |
Historia | |
Fundación | 1986 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Esquerda Federalismo Republicanismo Ecoloxismo Socialismo |
Representación | |
Concelleiros | 2.369 / 67.473 |
Congreso dos Deputados | 5 / 350 |
Parlamentos autonómicos | 19 / 1.268 |
Senado | 0 / 266 |
Parlamento Europeo | 2 / 59 |
Outros datos | |
Sede | Olimpo, 35. 28043 Madrid |
Na rede | |
www.izquierda-unida.es | |
Izquierda Unida é unha organización política española federalista, republicana e de esquerdas.
Estrutura
[editar | editar a fonte]Segundo os seus estatutos, é un movemento político, social e cultural que se conforma nunha organización, política e xuridicamente soberana, que ten como obxectivo transformar gradualmente o sistema capitalista económico, social e político, nun sistema socialista democrático, fundamentado nos principios de xustiza, igualdade e solidariedade, organizado en forma dun Estado de dereito federal e republicano. Foi creada ao redor das mobilizacións contra o ingreso de España na OTAN en 1986. Inicialmente foi formada polo Partido Comunista de España (PCE), o Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE), Partido de Acción Socialista (PASOC), Izquierda Republicana (IR), a Federación Progresista (FP), o Partido Carlista e o Partido Humanista, así como independentes. Gradualmente estes partidos foron marchando de IU e actualmente está constituída polo PCE, Colectivo de Unidad de los Trabajadores e Iniciativa Socialista de Izquierdas (ISI). En Cataluña IU non actúa, o seu referente político alí Esquerra Unida i Alternativa é unha organización soberana.
Funcionamento interno
[editar | editar a fonte]Ten ó redor de 70.000 afiliados. O seu responsable máximo dende 2016 é o coordinador xeral Antonio Garzón, e anteriormente Cayo Lara, Gaspar Llamazares, Gerardo Iglesias e Julio Anguita.
Federacións
[editar | editar a fonte]IU ten unha organización federal da que forman parte quince federacións que teñen unha denominación específica:
- en Andalucía, Izquierda Unida - Los Verdes Convocatoria por Andalucía;
- en Galiza Esquerda Unida-Izquierda Unida;
- no País Valenciano Esquerra Unida del País Valenciá;
- en Baleares Esquerra Unida de les Illes Balears;
- en Navarra Izquierda Unida de Navarra-Nafarroako Ezker Batua;
- en Aragón Izquierda Unida de Aragón;
- en Castela-A Mancha Izquierda Unida - Izquierda de Castilla La Mancha;
- nas Canarias Izquierda Unida Canaria;
- en Asturias Izquierda Unida de Asturias - Izquierda Xunida d'Asturies;
- en Cantabria Izquierda Unida de Cantabria;
- en Estremadura Izquierda Unida - Compromiso por Extremadura;
- en Castela e León Izquierda Unida de Castilla y León;
- en Ceuta Izquierda Unida de Ceuta;
- na Rioxa Izquierda Unida de La Rioja;
- en Madrid Izquierda Unida Comunidad de Madrid;
- en Melilla Izquierda Unida de Melilla; y
- en Murcia Izquierda Unida de la Región de Murcia.
Ademais existen dúas organizacións soberanas federadas a IU: Ezker Batua no País Vasco e Esquerra Unida i Alternativa en Cataluña.
Resultados electorais
[editar | editar a fonte]Eleccións | Líder/Candidato | Votos | Porcentaxe | Representantes |
1986 Xerais | Gerardo Iglesias | 935.504 | 4,63% | 7 deputados |
1987 Municipais | Gerardo Iglesias | 1 399 364 | 7,18% | 2.315 concelleiros |
1987 Europeas | Gerardo Iglesias | 1 011 830 | 5,25% | 3 eurodeputados |
1989 Xerais | Julio Anguita | 1 858 588 | 9,07% | 17 deputados |
1989 Europeas | Julio Anguita | 961.742 | 6,06% | 4 eurodeputados |
1991 Municipais | Julio Anguita | 1 579 097 | 8,38% | 2.614 concelleiros |
1994 Europeas | Julio Anguita | 2 497 671 | 13,44% | 9 eurodeputados |
1995 Municipais | Julio Anguita | 2 589 780 | 11,68% | 3.493 concelleiros |
1996 Xerais | Julio Anguita | 2 639 774 | 10,54% | 21 deputados |
1999 Municipais | Julio Anguita | 1 387 900 | 6,52% | 2.295 concelleiros |
1999 Europeas | Julio Anguita | 1 221 566 | 5,77% | 4 eurodeputados |
2000 Xerais | Francisco Frutos | 1 263 043 | 5,45% | 8 deputados |
2003 Municipais | Gaspar Llamazares | 1 394 871 | 6,68% | 2.198 concelleiros |
2004 Xerais | Gaspar Llamazares | 1 284 081 | 4,96% | 3 deputados |
2004 Europeas | Gaspar Llamazares | 643.136 | 4,15% | 1 eurodeputado |
- A partir do 2004, IU concorre ás eleccións coaligada con ICV, na táboa móstranse apenas os deputados obtidos por IU, e non os que foron para ICV.